Oposición veciñal á autorización de vertidos da mina de San Finx

NOIA> Un bo número de persoas participaron na concentración convocada este pasado sábado para recriminarlle ó goberno da Xunta a recente autorización de vertidos á mina de San Finx. O baleirado  dos pozos da mina conlevará unhas drenaxes que segundo a Plataforma Vida e Ría, promotora desta concentración,  porán en grave perigo a pesca e marisqueo na ría.

Dende a entidade entenden que a proposta se realizou cun procedemento plagado de irregularidades que leva sete anos en trámite, sen atender as innumerables alegacións e informes que se presentaron tanto pola confrarías de Noia e Portosin, como por colectivos ecoloxistas, particulares e distintas formacións políticas, así como tamén dos acordos dos Plenos do concellos de Outes, Noia e Porto do Son, nos que se pedía un estudo riguroso do impacto ambiental que suporía emitir á ría esas miles de toneladas de augas contaminadas que levan embalsadas nas galerías da mina e nas balsas de decantación desde a paralización da actividade mineira.

Segundo anunciaron, a resolución, que previsiblemente será emitida a finais de agosto, será impugnada xudicialmente, ó existir indicios claros de delitos de prevaricación, ó considerar que conlevaría un desastre medioambiental, económico e social.

A protesta foi convocada este sábado, para facela coincidir co acto de clausura das xornadas  do corenta aniversario do aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia ás que estaba previsto que acudira o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, aínda que finalmente non asistiu.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí