O PSdeG analiza os investimentos previstos por Mar no Barbanza

    NOIA> Os socialistas da comarca mantiveron un encontro en Noia coa deputada parlamentaria, Loli Toja, para analizar os orzamentos da Consellería do Mar. Denuncia o peso da acuicultura en detrimento das políticas de xeraciónde emprego na pesca. O PSdeG analizou en Noia as inversións previstas na comarca nos orzamentos da Consellería do Mar. A deputada, Loli Toja, foi a encargada de debullar algunhas das actuacións previstas nestes presupostos que cualificou de continuístas. Denuncia a perda de peso dos investimentos en materia de seguridade, eficiencia enerxética ou a formación e as políticas de creación de emprego.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí