Boiro Novo levará ó Parlamento as queixas dos usuarios do Centro de Día

    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, as queixas das familias dos usuarios do centro de Día da localidade, polo cambio realizado no modelo de alimentación. Dende Boiro Novo denuncian que as familias están descontentas co novo servizo e consideran que, habendo cociña alí, a comida debería prepararse cada día nas propias instalacións, o que redundaría, segundo eles, nunha maior calidade nutricional dos menús. Entre outras cuestións, os deputados de En Marea preguntarán polas razóns que levaron á Xunta a prescindir da praza de cociñeiro e se optou por un servizo de catering e se está previsto retomar o sistema anterior atendendo ás propias queixas dos usuarios e as súas familias.