Arranca este sábado a cuarta edición do Ciclo de Andainas de Noia

    NOIA> O concello de Noia porá a andar, por cuarto ano consecutivo, o ciclo de andainas enmarcado no programa Noia saudable. Este sábado terá lugar a primeira, denominada ‘Vía Medieval’, que sairá ás nove e media da maná dende a alameda. Este sábado terá lugar a primeira das rutas enmarcadas no programa de andainas. Trátase dunha das máis curtas e doadas posto que non chegará as dúas horas mentres que o resto prevén unha duración de entre dúas e tres horas. A ampla variedade dos circuítos permitirá visitar non só os encraves naturais máis apreciados do concello e arredores senón tamén moitos elementos do patrimonio cultural e etnográfico aínda por descubrir. Non é preciso formalizar inscrición para ningunha das rutas e bastará con presentarse no punto de partida que será a alameda ás nove e media da mañá. Pola contra si se require anotarse para a andaina nocturna a Santa Rita que se celebrará o 21 de maio co fin de reservar praza nos autobuses que traerán de volta a aqueles que se animen a peregrinar durante toda a noite.