BOIRO> O alcalde quixo saír ó paso da denuncia que o BNG presentou ante a Fiscalía polo estado de abandono do pazo de Goiáns. Para Xoán Xosé Dieste a denuncia dos nacionalistas neste momento responde máis ben a unha estratexia electoral. Segundo el a rehabilitación do pazo de Goiáns supón unha carga demasiado alto para poder afrontala de inmediato. Aínda así non descarta realizala na medida en que a economía do concello o permita, tratando de desenvolver unha actuación por fases e na que se buscará tamén a implicación do resto de Administracións. Xoán Xosé Dieste considera que o concello debe priorizar actualmente as obras a acometer, e os veciños nestes momentos demandan outro tipo de actuacións.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








