Causan danos e destrozos en vehículos estacionados en diversas rúas de Ribeira

RIBEIRA> A Policía Nacional investiga a posible autoría de destrozos e varios roubos a vehículos estacionados en diversas rúas da localidade esta pasada fin de semana.

Segundo informaron fontes próximas ó caso, os delitos producíronse na rúa Mendiño, próxima a Mariño de Ribera, e nas rúas Talleres Hermanos Nervión e Correos.

Resultaron afectados ó redor duns dez vehículos.

En tódolos casos o mesmo ‘modus operandi’. O autor ou posibles autores dos feitos destrozaron unha das ventanillas do coche, para acceder posteriormente ó interior do mesmo, onde apareceu todo esparexido.

Descoñécese, polo de agora se lograron facerse con algún botín, xa que na maioría dos casos os seus propietarios non botaron nada en falla.