A xuíza volve ditar apertura de xuízo oral contra o alcalde de Caldas

    CALDAS> A xuíza de Caldas volve ditar a apertura de xuízo oral contra o alcalde da vila.

    A titular do xulgado acepta a causa de nulidade alegada pola defensa e polo ministerio fiscal, pero dita un novo auto que sinala á Audiencia Provincial de Pontevedra como órgano competente para o enxuizamento. Será a audiencia, polo tanto, a encargada de elixir o xurado e fixar o sinalamento. A maxistrada recoñece que na resolución anterior non se facía referencia aos motivos polos que se entendía que concorrían indicios de responsabilidade penal, pero insiste na súa existencia no pago dunha multa coercitiva de 600 euros por parte do alcalde con fondos públicos do concello. Queda por determinar, sinala, se a actuación do alcalde foi dolosa, algo que se debe dilucidar no acto de xuízo oral.