Cogami asesorará a Portos na mellora da accesibilidade nas dársenas

    BARBANZA> Portos de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade asinaron un convenio de colaboración que permitirá a mellora da accesibilidade nas 122 dársenas existentes ó longo de todo o litoral galego e que son de titularidade autonómica. Dende hai vario anos Portos de Galicia está a desenvolver xa unha acción estratéxica de cara a adaptación das infraestruturas portuarias a persoas de mobilidade reducida. Un plan que agora se verá mellorado co asesoramento técnico de COGAMI, que se encargará que se encargará de realizar un estudo pormenorizado das instalacións e informar daquelas nas que cómpre actuar con maior urxencia. O convenio asinado permitirá tamén a participación de COGAMI no proxecto europeo NEA3 para o que Portos está a preparar a súa proposta, promovendo o acceso á práctica da náutica a persoas con algún tipo de discapacidade.

    Comments are closed.