X.X.Dieste: ‘Maneiro demostra unha gran irresponsabilidade’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/respostaalcaldeboirosaneamento3012141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/respostaalcaldeboirosaneamento301214.mp4{/flowplayer} BOIRO> O alcalde boirense acusou ó candidato socialista á alcaldía de querer antepoñer o seu interese político, ós intereses xerais do municipio coas súas declaracións sobre os vertidos. O alcalde boirense realizou esta mañá unha serie de consideracións sobre as declaracións realizadas onte por Manuel Maneiro nesta canle, nas que acusaba ó executivo local de mirar para outro lado no referente ós frecuentes vertidos derivados do mal funcionamento da rede xeral de saneamento. Botando man do mesmo informe elaborado por Augas de Galicia, ó que aludía o candidato socialista á alcaldía, Xoán Xosé Dieste, referíase ós problemas detectados no 2009 polos técnicos deste organismo na rede municipal, que serviron de base para a elaboración do Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, que Augas de Galicia redactou en 2012. Alí aludíase a que se trata dunha rede mal deseñada, froito da falla de planificación por parte dos diferentes gobernos que foron pasando polo concello ó longo destes anos. Dieste quixo aclararlle tamén a Maneiro o significado da palabra punto de vertido, en clara alusión á denuncia formulada por este, quen sinalaba a existencia dun total de 149 puntos de vertido en toda a rede xeral do municipio. O rexedor boirense foi máis alá nas súas declaracións e acusou ó candidato socialista de querer alarmar a opinión pública, tratando de prexudicar a imaxe de Boiro, e con ela a do sector do mar e a do sector turístico, buscando coas súas acusacións acadar un rédito político. Para desmentir as acusacións de Maneiro, Xoán Xosé Dieste botou man tamén do informe de cualificación emitido pola consellería de Sanidade en base a 36 analíticas realizadas na totalidade dos areais do municipio ó longo deste ano que evidencian a bo estado das augas. O rexedor boirense afirmou ademais que dende a súa chegada ó concello, hai agora máis de tres anos, houbo unha especial sensibilidade co problema medioambiental, tratando de correxir, na medida do posible, as eivas existentes na rede de saneamento, proba diso é o preto de millón de euros destinados neste tempo con fondos propios a diversas actuacións nesta materia como é o caso das desenvolvidas en Aguieiros, Pazos de Coroño, Corviño ou Bealo, entre outras.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí