O xurado do Avilés de Taramancos declara deserto a edición deste ano

    NOIA> A baixa calidade dos traballos presentados foi unha das razóns que levou a tomar esta decisión. Dáse a circunstancia de que é a primeira vez que o concurso, nos seus catorce anos de historia, queda sen gañador. O xurado do décimo cuarto certame de relato de aventuras Avilés de Taramancos convocou esta mañá ós medios para dar a coñecer o nome do autor e a obra gañadora do concurso. Nada facía presaxiar o resultado final, cando o secretario do xurado, Xavier Castro, facía pública a decisión do xurado. Dase a circunstancia de que é a primeira vez que este premio, que convoca cada ano a Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e concello noiés, queda deserto. Un feito que trataba de xustificar un dos portavoces do xurado. O certame Avilés de Taramancos, que está galardoado cun único premio de tres mil euros e a publicación da obra, así como unha escultura do artista noiés Alfonso Costa, concorreron este ano un total de nove obras, un número sensiblemente inferior ó de anos anteriores.