A praza de abastos da Pobra contará con aire acondicionado

    navamercadopobra.jpgA POBRA> Ademáis destinarase un investimento de 57 mil euros para unha serie de arranxos interiores e exteriores do inmoble.

    A Directora Xeral de Comercio, que estivo visitando a praza da Pobra, informou ó rexedor  e a presidenta da Asociación de Vendedores desta praza de abastos de que Consellería de Economía e Industria destinará oito millóns de euros para mellorar os equipamentos comerciais das prazas gallegas.

    {flowplayer}barbanza/navamercadopobra.flv{/flowplayer}

    Arranxos interiores e exteriores

    Pola súa banda, Maceiras anunciou que solicitarán esta subvención para dotar ós postos dun sistema de aire acondicionado. Asemade o alcalde pobrés deu conta dunha actuación que está previsto realizar no mercado. Destinarase un investimento de 57 mil euros para unha serie de arranxos interiores e exteriores do inmoble. As obras iniciaranse en dous meses.

    A visita de Nava Castro á Pobra enmárcase dentro dunha quenda de encontros que a Directora Xeral de Comercio está a manter por toda Galicia para coñecer as carencias dos mercados e as necesidades dos praceiros.

    Dende a Asociación de Vendedores do mercado pobrés traballan dende hai varios anos nunha serie de iniciativas para reactivar as vendas nas prazas municipais. Asemade tamén realizan actividades promocionais dirixidas ós seus clientes durante as campañas de nadal e entroido.

    Redacción Barbanza