O concello de Ribeira critica a negativa da Xunta a construír escolas infantís públicas

RIBEIRA> O concello de Ribeira critica a negativa da Xunta a construír escolas infantís públicas. Denuncian que o goberno autonómico devolverá máis de 20 millóns de fondos europeos para este fin, a pesar da necesidade de moitos municipios que non dispoñen xa de prazas públicas para nenos de cero a tres anos.

Nos últimos meses, o concello de Ribeira reuniuse coa comunidade educativa do municipio para analizar as súas principais inquedanzas  necesidades. Unha das principais era a de contar cunha nova escola infantil pública xa que actualmente hai lista de agarda na municipal.

Ademais da construción dunha nova escola,  demandan á Xunta que asuma a xestión da gardería municipal que supón un custo de máis de medio millón de euros anuais ó concello.