Os mariscadores da Pobra volven ó traballo tras remitir a toxina

    POBRA> Cumpríronse as previsións que manexaba a confraría de Pobra. A remisión da toxina permitiu que os produtores volveran esta mañá ó traballo tras unha semana parados pola marea vermella. Xornada de volta ó traballo nos areais pobrenses que, hai unha semana, víronse obrigados a pechar pola detección de marisco afectado pola toxina. Os produtores, que estaban desexando retomar a campaña de verán, comprobaron o estado dos bancos nos que, polo momento, hai marisco. Aínda así non cren que as capturas sexan moi abundantes nos próximos meses polo que son moitos os que apostan por investir máis esforzo na rexeneración dos bancos. O peche doutras confrarías aínda afectadas pola toxina na ría fai que os prezos se manteñan. Agardan que durante o verán non baixen as cotizacións xa que son meses nos que se incrementa a demanda de marisco. Durante a pasada semana na que se prohibiu a extracción de bivalvo, os mariscadores da Pobra non permaneceron, nin moito menos, parados. Como veñen facendo dende hai semanas baixaron ós areias a realizar quendas de vixilancia para evitar que os furtivos acaben co escaso marisco que aínda queda nos areais.