Iglesias aposta pola campaña virtual con vídeos de cariz persoal

    A ILLA> Ademais das propostas e as leas políticas, os candidatos tratan de achegarse ó electorado nesta recta final de campaña amosando o seu lado máis persoal. É o caso do aspirante socialista á alcaldía da Illa. Carlos Iglesias vén de lanzar unha serie de microvídeos en Youtube nos que explica desde anécdotas da infancia ou a súa relación coa veciñanza durante a súa etapa como tenente alcalde. Este é un dos microvídeos que o candidato socialista á alcaldía da Illa vén de lanzar en Youtube. Cinco vídeos nos que amosa o seu lado máis espontáneo e persoal. Anécdotas da infancia, a súa etapa como tenente alcalde ou os principios que guiarán o seu mandato de chegar a rexedor compoñen a serie coa que está a centrar a súa campaña electoral nas redes sociais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/CARLOSIGLESIAS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/PSOE_ILLA.mp4{/flowplayer}