Sanxenxo acolle en maio o Congreso de Administradores de Fincas

    administradores100.jpgSANXENXO> A alcaldesa, Catalina González, e o presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez, …

    {flowplayer}images/salnes/administradores_fincas.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, e o presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez, asinaron esta mañá un convenio para ratificar o apoio do Concello á décimo sexta edición do congreso nacional do sector. Celebrarase en Sanxenxo os días 13, 14 e 15 de maio, e será a primeira vez que se celebre fóra dunha capital de provincia. Neste encontro de traballo participarán uns 600 profesionais de toda España.

    A rexedora destacou a importancia e repercusión que este evento terá na economía local, xa que segundo a organización, espérase que xere un volume de negocio duns 700.000 euros. Martín Bermúdez incidiu na promoción de Sanxenxo que está a facer o Colexio Oficial de Galicia nos últimos dous anos, desde a presentación da candidatura deste concello para acoller o congreso nacional.

    Redacción Salnés