As traballadoras de Marsac retoman o traballo

    O GROVE > Un total de 40 traballadoras fixas discontinuas de MARSAC volveron ás sete da mañá do mércores ó traballo tras recibir a finais da semana pasada a comunicación deste reinicio da actividade. Unha actividade que deixa entrever a fin do conflicto.

    Estabamos pouco acostumados a ver nos últimos meses o valo de Marsac sen xente. Dende comezos de decembro do pasado ano as súas traballadoras dábanse cita diante día si e día tamén Dende este mércores, en cambio, a escena é ben distinta, se ben non de todo satisfactoria. Corenta destas mulleres, as fixas discontinuas retomaron a actividade pero as eventuais non xa que, de momento, só se recibiu carga de traballo de mexillón.

    A satisfacción, xa que logo, é parcial porque non hai carga de traballo para o persoal de cefalópodos. Para CC OO o reinicio da actividade puido deberse a que nos últimos días a empresa tivera recibido presións. Unhas medidas que acabaron, segundo o sindicato, co argumento da factoría para seguir estando inactiva.

    Redacción Salnés