Varela rebaixa o seus soldo ós 48.000 euros á espera de que a oposición valore o xesto

    VILAGARCÍA>

     

    De 51.600 a 48.000 euros brutos ó ano. O alcalde de Vilagarcía dá o seu brazo a torcer e propón unha rebaixa no seu salario nun intento de recadar apoios entre a oposición de cara ó pleno de organización. Un xesto ó que agarda que respondan en positivo os demais grupos. Insiste na súa vontade de negociar e confía en poder convocar esa sesión plenaria antes da data límite, o próximo sábado.

     

     

    Os 51.606 euros brutos ó ano parecíalle unha proposta máis que razoable ó alcalde de Vilagarcía, pero a rebaixa a 48.000, aínda que custou, segue parecéndolle igual de aceptable. Alberto Varela ofrece un xesto de boa vontade á oposición o que agarda que respondan en positivo. Onte á noite remitía a todos os novos termos do plan económico.

     

    No tocante a salarios, só se modifican o do rexedor, o máis polémico. Mantéñense as retribucións na  liberados e persoal de confianza. O que si se rebaixa son as asignacións a grupos no compoñente variable. Quedarán en 250 euros, 20 menos que a proposta inicial; e as de asistencia a plenos e comisións informativas: recortan 8 euros para deixalas en 110. O plan vai acompañado da proposta de nomeamentos en órganos colexiados.

     

    Haberá representantes dos cinco grupos municipais no Consello Escolar, no de Normalización Lingüística, no Local de Consumo, no Consello Consultivo Económico e Social, no da Terceira Idade, na Xerencia de Urbanismo, na Fundación de Servizos Deportivos, no Consello Local da Muller, no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, no Consello Veciñal e na Mesa de Contratación. Para a Autoridade Portuaria proponse un representante do PSOE e outro do BNG, para a Mancomunidade déixase aberta porque depende da votacións de tódolos concelleiros, e no tocante á Mesa Local de Comercio, proponse en principio un representante do PP e outro de Esquerda Unida, aínda que Varela asegura que está a estudar a posibilidade de modificar o seu regulamento e permitir a entrada a representantes de tódolos grupos municipais.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/14/propostavarela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/14/PROPOSTA_VARELA.mp4{/flowplayer}