O concello ribeirense recepciona as obras do emisario do Touro

    A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informou esta mañá da entrega ó concello de Ribeira das obras de reparación do emisario do Touro. Esta actuación, que foi executada por Augas de Galicia cun presuposto de 1,6 millóns de euros, tiña coma principal finalidade arranxar os problemas de mal funcionamento da dita instalación, que levaba tempo deteriorada. As obras suporán unha importante mellora, xa que mentres non se poña en funcionamento a nova depuradora, o emisario permitirá mellorar a dilución e canalización das augas residuais procedentes dos núcleos de Ribeira e Aguiño, e tamén do polígono industrial de Xarás, evitándose así calquera tipo de afección.