Sarela demanda unha categoría diagnóstica para as persoas con Dano Cerebral Adquirido

RIBEIRA> A Asociación Sarela instalou unha mesa informativa no Hospital do Barbanza co gallo da conmemoración do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Reivindican o recoñecemento dunha categoría diagnóstica e maior celeridade no seguimento dos pacientes trala alta hospitalaria.

A día de hoxe son moitas as demandas que realizan as familias afectadas por casos de daño cerebral adquirido. A falla de que se recoñeza esta doenza como unha categoría diagnóstica tan só existe unha estimación do número de afectados en Galicia. Tampouco existe un protocolo de actuación e seguimento trala alta hospitalaria, o que dificulta en gran medida a recuperación dos pacientes.

Precisamente, a asociación Sarela cubre en boa parte esa ausencia de recursos por parte da administración. Esta entidade con máis de seiscentos socios ofrece non só asistencia e rehabilitación ós afectados senón tamén asesoramento e apoio ás familias.

O caso de Rosa, familiar dun afectado por dano cerebral adquirido que xa faleceu, é o mellor exemplo do desamparo que afrontan as familias unha vez concluído o tratamento no hospital.

O próximo luns, Día Mundial do Ictus, volverán estar presentes no hospital para seguir a dar a coñecer as necesidades deste tipo de pacientes.