Mosquera rexeita a proposta dun pacto ‘de progreso’ lanzada polo PSOE

PONTEVEDRA> O futuro da Deputación de Pontevedra continúa a ocupar gran parte da actualidade política. Onte, o Partido Socialista da provincia anunciaba que proporía un pacto de progreso para facerse co goberno. Hoxe, dende o BNG apuntaron que aínda que sería difícil non chegar a acordos, non se farán nos termos propostos polos socialistas.

 

Nin socialistas nin nacionalistas iniciaron aínda os contactos para aclarar o futuro da Deputación de Pontevedra. Cando menos, iso asegurou esta mañá o deputado do BNG César Mosquera. O que si apuntou, é que a súa formación non aceptaría a proposta de pacto de progreso lanzada onte polo PSOE provincial nos medios de comunicación.

A pesares deste desencontro, Mosquera recoñeceu que sería complicado non chegar a acordos.

O deputado nacionalista tamén se referiu á discriminación de Vigo que onte denunciaban os socialistas. Segundo o voceiro Santos Héctor, a Deputación destinaba á cidade olívica menos cartos dos que lle correspondían. Mosquera, pola súa banda, recordou os investimentos da institución en Balaídos e o campo de fútbol de Coia.

César Mosquera tamén apuntou a que nin as negociacións en relación ao concello de Pontevedra nin o futuro da planta de compostaxe veranse afectadas polas conversas que se inicien cos socialistas en relación á Deputación Provincial.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/27/mosquera_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/27/mosquera_deputacion.mp4{/flowplayer}