Pontevedra recorda as vítimas de accidentes de tráfico cun minuto de silencio

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/17/dia_vitimas_accidentes_trafico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/17/dia_vitimas_accidentes_trafico.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> Pontevedra recordou esta mañá as vítimas de accidentes de tráfico. Fronte á Xefatura Provincial, autoridades administrativas e políticas e representantes da Garda Civil e das Policías Local e Nacional gardaron un minuto de silencio para conmemorar o Día Mundial en recordo das vítimas de accidentes na estrada.

    Cada cinco horas, unha persoa falece nas estradas españolas. Só nos últimos trinta anos, as galegas cobraron a vida de máis de 11.000. En memoria de todos eles, celébrase o Día Mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico.

    En Galicia, as cifras non son positivas. No que vai de ano, 93 persoas deixaron a vida nas estradas galegas, só cinco menos que as rexistradas en todo o ano pasado. Preocupan especialmente as colisións frontais que se producen nas estradas convencionais, aquelas que carecen de separación entre carrís. 

    Estes datos romperían a tendencia de descenso que se ven dando dende o 2006, cando se produciron 268 mortes en accidentes de tráfico.

    Polo de momento, Pontevedra mantén a tendencia á baixa.

    O 2013 pechou cunha media de 33 vítimas por millón de habitantes: 3 por debaixo da nacional.

    As causas desta sangría son variadas, aínda que dúas se repiten con frecuencia.

    Dende a xefatura provincial xa se está a traballar na campaña de Nadal, apelando á prudencia e á responsabilidade dos condutores.