A Garda Civil interceptou a un camioneiro que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

POBRA> A Garda Civil interceptou a un camioneiro que quintuplicaba a taxa de alcol permitida. No momento da proba arroxou un resultado de cero coma setenta e tres miligramos por litro cando o límite legal é de cero con quince. O home conducía un camión cargado de bombonas de butano e estaba a realizar o reparto. Ademais dun delito contra a seguridade viaria, detectáronse numerosas infraccións moi graves en materias de transporte de mercadorías perigosas. O vehículo circulaba sen o título habilitante para transporte público e o condutor carecía da autorización especial para transportar este tipo de mercadorías. Tampouco constaba a carta de porte nin as instrucións precisas que indican as medidas a adoptar no caso de accidente. O vehículo foi inmobilizado e o condutor enfrontarase a un xuízo rápido para o cal xa foi citado.