O Xuño da Cultura ofrece unha media de seis actos diarios ós ribeirenses

    RIBEIRA> Arranca en Ribeira o xuño da Cultura e das Artes. Preto de duascentas actividades integran o programa que se desenvolverá diariamente grazas á colaboración do tecido asociativo da vila. Participan medio cento de asociacións. Chega a Ribeira a cuarta edición do Xuño da Cultura e das Artes. Mediante este programa, o concello quere facer visible o labor do tecido asociativo do municipio sacando a cultura á rúa. A media é duns seis actos diarios nos que participan corenta e sete asociacións e vinte e unha concellerías e departamentos municipais. Exposicións, teatro, música, baile e todo tipo de obradoiros compoñen o groso desta programación. Entre as actividades máis novidosas desta edición destacan as xornadas de portas abertas no ecoparque de San Roque, os venres e sábado de todo o mes.