Máis de 300 mil euros para a mellora dun treito da avenida da Coruña

    RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de sacar a licitación o proxecto de pavimentación de beirarrúas e renovación de servizos nun treito da avenida da Coruña. A actuación, que conta cun prazo de execución de cinco meses, suporá un investimento de trescentos once mil euros. As empresas interesadas xa poden presentar as súas ofertas ata o vinte en ove de xuño. O concello decidiu acomete reste proxecto ante o importante deterioro que presentan as beirarrúas desta vía, unha das máis transitadas da vila xa que dá acceso a varios centros educativos e un pavillón deportivo. Ademais, a rede de pluviais é deficitaria polo que, na maioría dos tramos, está mesturada coa de saneamento.