PONTEVEDRA> O macro nó de Curro xa ten novo deseño. A infraestrutura terá tres niveis e servirá para reordenar o tráfico da zona.
{flowplayer}images/salnes/proxecto_no_curro.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> A Xunta prevé comezar a construír o macro nó de Curro antes de final de ano.
Terá tres niveis. No primeiro, a autovía do Salnés (AG-41) terá continuidade coa autoestrada AP-9. No segundo nivel farase unha glorieta de 180 metros de diámetro, que comezará a construírse este mesmo verán. A rotonda conectará a antiga estrada PO-531 que serve ó polígono Barro Meis, a actual PO-531 en dirección Vilagarcía de onde sae a PO-300 en dirección Cambados, e oito ramais que enlazarán coa autopista e a autovía a Vilagarcía, que terá continuidade coa A-57 de Pontevedra a Vigo. O terceiro nivel permitirá dar continuidade á estrada de Vilagarcía en dirección Pontevedra para conectala coa futura autovía Curro-Baión.
O alcalde de Barro, José Antonio Landín, amosouse satisfeito con este deseño, xa que o tráfico da PO-531 será de ámbito local e os vehículos pesados e tráficos da autovía e autoestrada xa non terán que ir por esa estrada. O alcalde solicitoulle ademais que se modifique o proxecto da PO-531 deseñado polo bipartito. O conselleiro confirmou que nesta estrada só se desenvolverán actuacións de mellora da seguridade viaria.
A Xunta investirá no macro nó de Curro 39 millóns de euros. A Consellería citou xa ós propietarios dos terreos afectados.
Redacción Salnés