Os Resentidos atracarán o seu ‘Nautilus’ este sábado en Portosín

PORTO DO SON> A mítica banda de rock viguesa xurdida na movida dos 80 presentará este próximo sábado na localidade sonense de Portosín o seu último traballo: ‘Organización Nautilus’.

O concerto, previsto para as dez da noite na praza do Curro, será gratuíto, pero con capacidade limitada para unhas 500 persoas. A actuación virá da man da consellería de Cultura.

28 anos despois de sacar o seu último disco, Os Resentidos volven a subirse ós escenarios para presentar o seu último traballo: ‘Organización Nautilus’ onde se recollen doce temas inéditos compostos durante estes anos.

A xira arrancará este próximo sábado, as dez da noite, na praza do Curro de Portosín. A elección desta vila como punto de partida para a súa volta ós escenarios non foi ó chou. E parte da culpa tena este mozo sonense, Antón Romero, que padece autismo. El é o artista que coas súas creacións ilustra a maior parte dos videoclips da banda viguesa.

O concerto será gratuíto e para disfrutar sentado, debido á situación covid que vivimos. A capacidade da praza estará limitada a tan só 500 cadeiras. Aqueles que desexen ver Os Resentidos deberán achegarse media hora antes do comezo da actuación, prevista para as dez, e rexistrarse. Con iso será suficiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí