Desartellado un punto de venda de droga no Monumento

    RIBEIRA> A Policía Nacional desartellou un punto de venda de droga en Ribeira. Os axentes detiveron a un veciño de Oleiros acusado de distribuír estupefacientes. Incautáronse de varias doses de heroína e cocaína así como diñeiro en efectivo. A policía seguíalle a pista ó detido, un individuo de vinte e nove e anos, natural e veciño da parroquia de Oleiros. Segundo as pesquisas dos axentes, dedicábase a distribuír heroína e cocaína na zona do Monumento, no casco urbano de Ribeira. A detención produciuse cando conducía o seu vehículo, un Renault Clío, no que lle foron incautadas once bolsas de heroína, sete de cocaína, diñeiro en efectivo e varios teléfonos móbiles. O detido, que carecía de antecedentes, xa foi posto a disposición xudicial acusado dun delito contra a saúde pública.