Feijóo comprométese coa renovación pero reclama que goberne a forza máis votada

PONTEVEDRA> O Partido Popular segue facendo autocrítica. A xunta directiva da formación en Pontevedra mantivo hoxe un encontro dirixido polo presidente galego para facer balance das municipais. Alberto Núñez Feijóo defendeu que o PP foi o gañador das eleccións, pero comprometeuse a renovar a formación para recuperar a súa posición.

 

Renovación de políticas, de actitudes e de cargos. Este é o mantra que Alberto Núñez Feijóo está a levar ás xuntas directivas provincias. Hoxe, dende Pontevedra, o presidente galego comprometeuse a facer congresos a nivel local, provincial e autonómico para atender a mensaxe das urnas.

Aínda que cun ton autocrítico, Feijóo recordou que o PP foi o gañador das eleccións. As urnas déronlles a vitoria en máis do 65% dos concellos, pero con maiorías insuficientes para gobernar.

Os pactos que se están a buscar en moitos concellos para arrebatar o goberno aos populares, tamén foron centro das críticas do líder popular.

Precisamente, a proximidade das eleccións xerais marcará este calendario de renovación para os populares en Galicia. 

A renovación de ideas e de actitudes é, para Fejióo, o máis urxente, e que tería que estar feito xa nas eleccións xerais que previsiblemente se convocarán para outono deste ano.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/feijoo_xunta_directiva.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/feijoo_xunta_directiva.mp4{/flowplayer}