Multitudinaria manifestación para convencer ao Supremo de que ENCE continúe en Lourizán

PONTEVEDRA> Multitudinaria manifestación para reclamar a continuidade de ENCE en Lourizán. Traballadores da factoría, das empresas auxiliares, do sector madereiro e outros partidarios de que a pasteira continúe na ría de Pontevedra percorreron o centro da cidade a partires das 20.30 horas para facer escoitar as súas reclamacións.

Con esta mobilización buscaban tamén demostrar aos maxistrados do Tribunal Supremo (que teñen que decidir sobre os recursos presentados contra a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida á pasteira para continuar en Lourizán) a importancia que ENCE ten para Pontevedra e para Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí