Un grave atropelo na estrada vella de Marín deixa unha muller falecida e unha menor ferida de gravidade

PONTEVEDRA> Un grave atropelo en Pontevedra deixa unha muller de 68 anos falecida e unha menor de 6 ferido de gravidade. O suceso produciuse ao redor das 5 e cuarto da tarde na estrada vella de Marín a  Pontevedra, á altura do número 113 da rúa Avelino Montero.

Segundo fontes da Policía Local, todo apunta a que o condutor do vehículo atravesou a estrada, probablemente debido a unha excesiva velocidade. Primeiro golpeou un vehículo que estaba estacionado para despois subir a beirarrúa contraria, por onde paseaba a falecida coa nena. A muller morreu no acto e, segundo fontes médicas, a menor sofre politraumatismo.

O condutor foi detido por un presunto delito contra a seguridade viaria. Trátase dun veciño de Marín de 19 anos e con tan só sete meses de carné de conducir.