Novo servizo de administración electrónica para os concellos de menos de 50 mil habitantes

Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra presentaron esta o novo servizo de administración electrónica para concellos da provincia de menos de 50 mil habitantes. Unha iniciativa que conta cun investimento de preto de 800 mil euros e que busca ser a vangarda  no mundo da tecnoloxía. 

 

Carmela Silva presentou esta mañá o novo servizo de administración electrónica que presentan dende o Pazo Provincial aos concellos de menos de 50 mil habitantes. Unha iniciativa que ten como fin convertir a Pontevedra nun referente tecnolóxico. Unha proposta máis que necesaria tal e como esta mesma mañá dixo a presidenta da Deputación. 

Carmela Silva anunciou que este proxecto conta cun investimento de preto de 800 mil euros e que realizar este servizo foi un proxecto complicado, unha iniciativa na que se estivo traballando moito e que será ademais personalizada para cada concello. 

Os concellos que o desexesen poderán adherirse a este servizo de administración electrónica dende xa, ou terán a opción de facelo máis adiante se o prefiren. A presidenta deixou claro estas mañá que serán os concellos os que decidan cando unirse a este barco e que tamén poderán baixarse del se non consideran óptimo este servizo de administración electrónica. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/tecnoloxias_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/tecnoloxias.mp4{/flowplayer}