Avanzan as negociacións para un Goberno tripartito en Ribadumia

    Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

    En Ribadumia medran as posibilidades de que o Independente David Castro lle arrebate a alcaldía á popular Salomé Castro. As conversas para un tripartito co PSOE e Somos Ribadumia están moi avanzadas, e só restarían uns pormenores por pechar.

     

    RIBADUMIA> A perda da maioría absoluta por parte do Partido Popular de Ribadumia comeza a tomar forma de cambio de Goberno. Foi un dos resultados que máis sorprendeu da noite electoral e agora camiña, con paso firme, segundo os protagonistas, cara un goberno tripartito encabezado polos Independentes.

     

    As tres forzas afirman que só restan uns pormenores do acordo por pechar, e logo  asinaríano ante notario. Ese acordo incluiría un código ético, uns obxectivos de programa comúns e o reparto das áreas de Goberno.

    Segundo apuntan as tres forzas, o seu obxectivo é impulsar unha nova etapa en Ribadumia, que se caracterice pola transparencia, a mellora da atención aos veciños e a democratización do concello.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/ribadumia.mp4{/flowplayer}