Nós Pobra racha as conversas co PSOE ante a esixencia dunha dedicación parcial

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/rotura_negociacions_nospobra_psoe_1006151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/rotura_negociacions_nospobra_psoe_100615.mp4{/flowplayer} POBRA> Nós Pobra gobernará en solitario tras rachar as negociacións co grupo socialista. O motivo da ruptura das conversas foi a proposta dunha dedicación parcial para a representante do PSOE, Teresa García. Malia que o acordo entre Nós Pobra e o PSOE para a formación do goberno estaba moi avanzado, co reparto de concellerías xa asignado, está sábado rompéronse as negociacións. A decisión tomouna a asemblea de Nós Pobra ante a proposta do PSOE de contar cunha dedicación parcial para a súa única representante que asumiría as competencias de Obras, Servizos e Sanidade. O soldo roldaría os mil euros netos ó mes. Non só a proposta da medida dedicación motivou o desencontro entre ambas formacións. Dende Nós Pobra apuntaron ó cambio de actitude do PSOE que na primeira toma de contacto amosouse receptivo e mesmo agradecido por ter en conta ó seu partido aínda que non fóra imprescindible para formar goberno. Así as cousas, Nós Pobra gobernará en minoría cos seus catro concelleiros xa que ten garantido o apoio do BNG para a investidura de Xosé Lois Piñeiro como alcalde. Tralo pleno comezarán unha rolda de contactos con tódolos grupos da oposición, incluído o PP, na busca de puntos comúns nos programas que permitan acordos puntuais.