PORTO DO SON> O 23 de decembro celebrarase a sétima edición da Carreira Sin Son. Trátase dunha das probas de referencia no atletismo autonómico que o pasado ano congrego a máis de mil setecentos corredores en Porto do Son.
O concello de Porto do Son ultima os preparativos para a celebración da carreira Sin Son que se desenvolverá o domingo 23. Como aperitivo, o sábado terá lugar a carreira de escolares a partir das catro da tarde na explanada portuaria.
Xa o propio sábado abrirá as súas portas a casa da cultura onde os participantes poderán recollar os seus dorsais e participar na feira do corredor na que se desenvolverán charlas coas autoridades locais e os atletas convidades como Pedro Nimo, padriño da carreira dende o seu inicio.
Ó igual que en anos anteriores, a carreira componse dun percorrido liñal de dez kilómetros, pola costa entre Portosín e Porto do Son. Polo momento, a case un mes da proba xa se superan os mil inscritos o que fai augurar récord de participación. O prazo para inscribirse na web emesports estará aberto ata o propio día da carreira pero os que o fagan antes de mañá a medianoite aboarán tan só seis euros en lugar de nove.