Cambados Pode procura retomar as negociacións para un cuatripartito

    CAMBADOS> O candidato de Cambados Pode, José Ramón Abal, ofrece outra alternativa para retomar as negociacións para artellar un Goberno alternativo ao Partido Popular en Cambados. A pasada semana, racháranse as conversas porque tanto a candidata socialista coma o de Cambados Pode poñían coma condición innegociable ser o novo alcalde. As augas seguen baixando revoltas na política cambadesa. Cambados Pode ten claro que a súa prioridade é un cambio político na vila do albariño, por iso nas últimas horas moveu ficha para intentar retomar as negociacións que conduzan a un goberno cuatripartito alternativo ao PP. O plan B de Cambados Pode segue pasando por cumprir cos catorce puntos do seu programa, e o primeiro deles di que non apoiará a investidura de candidatos dos partidos tradicionais. Por descarte, a súa proposta é que a alcaldía recaia na plataforma veciñal Somos Cambados. Aínda así, barallan máis fórmulas, coma una alcaldía rotativa. José Ramón Abal apurará os vindeiros días para tentar avanzar, e di que se non se concreta o cambio, non será pola súa culpa. O certo é que tan só restan dous días e medio para o acto de investidura do novo alcalde, a esta hora, en Cambados, aínda está todo no aire. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/cambadospode.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/cambados_pode.mp4{/flowplayer}