Vilagarcía celebrará o San Xoan na praia da Concha

san_xoan_vilagarcia100_180609.jpgVILAGARCÍA> O Concello decidiu sumarse a Zona Aberta e Ahituvi para recuperar a tradición das cachadas.

{flowplayer}images/salnes/san_xoan_vilagarcia.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, este ano volve a haber sardiñada gratis por San Xoán. Pero nesta ocasión farase na praia da Concha e será o preludio dunha gran festa que rematará co prendido da fogueira.

O Concello decidiu colaborar cos comerciantes de Zona Aberta e os hostaleiros de Ahituvi para recuperar esta tradición e de paso celebrar o San Xoán, por primeira vez, na praia. A festa deste martes comezará ás oito con animación infantil na rúa. Ás nove farase un espectáculo de lume na Baldosa, que se repetirá logo na praia da Concha, ás once menos cuarto. Pola noite, haberá sesións de dillei con música dos oitenta.

Os hostaleiros tamén ambientarán as rúas céntricas da cidade con fachos e faranse cargo do viño e cervexa que se repartirán na sardiñada a partir das dez da noite. Desta encargarase Zona Aberta, que asará cen quilos. Ademais, os comerciantes repartirán polo día herbas de San Xoán.

Redacción Salnés