Pita encabeza o cuatripartito que arrebatará a alcaldía ao PP de Martín

SANXENXO> O Partido Popular perde, tamén, Sanxenxo. Hoxe SAL, BNG, Sanxenxo Pode e o PSOE fixeron público o seu pacto; unha decisión que a partir das investiduras de mañá deixará á vila gobernada por un cuatripartito encabezado polo independente Gonzalo Pita.

 

Un pacto histórico entre SAL, BNG, Sanxenxo Pode e o PSOE deixa ao Partido Popular fóra da alcaldía da vila despois de 16 anos.

Durante a comparecencia, os representantes das catro formacións evitaron empregar a palabra “cuatripartito”. Si falaron do goberno de “nove veciños” que nace das conversas entre todos; unha visión grupal que SAL non atopou no diálogo con Telmo Martín.

A pesares de que o pacto foi asinado xa o día 8, aínda onte o presidente provincial do Partido Popular insistía na súa confianza por reconducir a situación. Gonzalo Pita non negou as conversas, pero asegurou que a decisión xa estaba tomada.

Transparencia, diálogo e boa xestión son os tres piares que sustentan o acordo do cuatripartito; un documento que recolle o 80% dos programas de cada formación. 

Na rolda de prensa non quixeron desvelar o reparto de cargos e áreas que farán na nova corporación. Só se sabe que será Gonzalo Pita, líder de SAL e a forza máis votada dos catro, quen ocupe a alcaldía de Sanxenxo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/sal_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/sal_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí