Salomé Peña destaca que deixa o concello de Ribadumia saneado

    A aínda alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, fixo balance da súa xestión nos últimos anos. Asegura que deixa un concello saneado e pídelle responsabilidade e transparencia ao novo Goberno.

     

    RIBADUMIA> Salomé Peña entende que o seu mandato foi positivo para Ribadumia, e quixo destacar a situación das contas do concello. Presentou un informe de Tesourería no que aparece que o saldo municipal é de algo máis de un millón de euros. Ademais, insiste que o concello queda saneado e sen débedas, e que as obras máis importantes xa se realizaron. A alcaldesa saínte deu conta das obras que quedan comezadas, tanto en instalacións deportivas, colexio ou recuperación paisaxística.

    Salomé Peña tamén destacou que Ribadumia é o único concello da comarca onde medra a poboación infantil. Na súa despedida, tamén se dirixiu ao futuro goberno tripartito. Finalmente, a candidata do PP dixo que se manterá na oposición nos vindeiros catro anos, aínda que non descarta outras posibilidades, coma a de ser deputada provincial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/balance_salome.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/blance_salome.mp4{/flowplayer}