M. Prado: “Os orzamentos da Xunta son unha burla para o Salnés”

    VILAGARCIA> E se así falaba o PP dos orzamentos a oposición parece que fala dun documento totalmente distinto. O BNG acusaba de mentir a esta voceira popular Marta Rodríguez no respecto ós cartos que se prevén investir o vindeiro ano na ampliación do Hospital do Salnés.

    Prado asegura que a partida orzamentaria que quedaría para ampliar este Hospital proviría do remanente que poida quedar deste ano; cartos polos que habería que esperar varios meses. Amais, nega que non se plasmen nos orzamentos os fondos FEDER cos que se sufragarían estas obras. No xeral, o BNG critica duramente este anteproxecto dos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2015, do que dí que se esquece totalmente do Salnés. Burla ós veciños do salnés. Aseguran os nacionalistas que se non se teñen en conta o mantemento de organismos da Arousa que traballan para toda Galicia e as partidas que se repiten ano tras ano nos orzamentos da Xunta, a inversión no Salnés quédase en nada. Para os socialistas de Vilagarcía este documento económico supón unha nova decepción do executivo autonómico con este Concello. Entenden que a falla de peso político do Alcalde Tomás Fole vai a supoñer que este municipio adoeza de falta de investimentos vitais como son o saneamento, a sanidade a educación, o medioambiente e a actividade industrial e económica. Botan en falla actuacións tan importantes como un novo centro de saúde e parécelles ofensivo que a estas alturas o PP queiran sacar peito ca ampliación do Hospital do Salnés cando ate o de agora só houbo promesas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/montse.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/oposicion_orzamentos_xunta.mp4{/flowplayer}