PSOE e BNG acusan a Cambados Pode de chantaxe

    A poucas horas do pleno de investidura, en Cambados aínda non se sabe quen vai ser o novo alcalde. A posibilidade de que repita Luís Aragunde medra, a medida que tamén a tensión entre os partidos alternativos ao PP.

     

    CAMBADOS> O futuro do concello de Cambados segue no aire. Onte, PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode retomaban as negociacións para avaliar unha nova proposta desta última formación. Pero, polo que se ve, o resultado das conversas non foi, nin moito menos, o agardado.

    PSOE e BNG afirman que levan 28 anos traballando polo cambio, pero que non o van acometer a calquera prezo. Coinciden en que debe ser a segunda forza máis votada, o PSOE, quen dirixa as negociacións para un hipotético cuatripartito. Fátima Abal di que non se aferra á cadeira da alcaldía, e que ergueu o partido do seu peor momento. Socialistas e nacionalistas cren que Cambados Pode nunca tivo intención de chegar a un acordo, e afirman que a nova proposta de José Ramón Abal, a de que goberne o candidato de Somos Cambados, Tino Cordal, mesmo sorprendeulle ao propio interesado. De non haber trocos, Luís Aragunde podería estar máis preto de repetir na alcaldía, pero o certo é que ninguén o pode asegurar ao cento por cento.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/bngpsoe_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/bng_psoe_cambados.mp4{/flowplayer}