O Independente David Castro será o novo alcalde de Ribadumia nun tripartito

    Xa está confirmado e asinado ante Notario. David Castro será investido este sábado novo alcalde de Ribadumia. Os Independentes, o PSOE e Somos Ribadumia acadaron un acordo de goberno para os vindeiros catro anos, co que confirman o cambio político neste municipio.

    Ribadumia inaugurará mañá un novo Goberno municipal que constatará o cambio político na vila do tinto. As tres forzas alternativas ao PP: Independentes, PSOE e Somos Ribadumia,asinaron un pacto co que suman a maioría dos edís e levarán a David Castro á alcaldía. Ese pacto baséase en cinco puntos principais, comezando por unha auditoría.

    Os tres partidos amósanse decididos a mellorar a vida dos veciños e veciñas de Ribadumia. Para iso, apostan por darlle un pulo ás políticas sociais e por loitar contra o desemprego. Ademais, avogan pola transparencia absoluta e queren comezar a traballar canto antes, sabendo cal é a situación exacta das contas do concello. Do resultado da auditoría dependerá tamén o número de dedicacións exclusivas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/cuatripartito_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/cuatripartito_ribadumia.mp4{/flowplayer}