Costas frea a caducidade de ENCE e alonxa a posibilidade de botala da ría

PONTEVEDRA> A marcha de ENCE da ría de Pontevedra parece, dende hoxe, máis lonxe. O concello ven de recibir a proposta de resolución do expediente de caducidade de Ence elaborada por Costas do Estado, que conclúe declarando a caducidade parcial da concesión no referente á Edar, ao emisario submarino e ás instalacións deportivas. O concello pontevedrés xa anunciou a súa intención de recorrer esta proposta.

 

Costas ven de comunicar ao concello a súa proposta de resolución do expediente de caducidade de ENCE. O organismo estatal só sinala como caducadas de xeito parcial as concesións da Edar, do emisario submarino e das instalacións deportivas. Segundo Mosquera, a proposta abre ademais a vía para legalizar as tres cuestións. 

Deste xeito, Costas remata coa esperanza que o concello mantiña no expediente iniciado polo organismo estatal a instancias do Tribunal Supremo. Para o edil nacionalista, a única opción de botar a Ence da ría de Pontevedra pasa por un cambio político.

Aínda que con poucas esperanzas, o goberno pontevedrés presentará alegacións a esta proposta de resolución.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/novidades_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/novidades_ence.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí