Ambiente de Reis no mercado de Nadal da Ferrería

PONTEVEDRA> En Pontevedra, un dos lugares máis máxicos deste Nadal é a praza da Ferrería. Alí instalouse unha fermosa aldea, cun decorado ao que non lle falta detalle. Tamén un mercado de Nadal, onde se poden mercar algúns dos produtos típicos destas datas e, por suposto, algún que outro regalo de Reis. A maioría dos 17 postos da feira pertencen ao comercio local da cidade.

A maxia inunda este Nadal a xa de por si fermosa praza da Ferrería de Pontevedra. Alí, instalouse unha aldea, con casiñas, árbores e multitude de orixinais figuras. Acompañando este decorado, un mercado de Nadal, composto por 17 postos. Agora, coa vista posta en Reis.

Nos postos podemos atopar detalles de todo tipo para agasallar a pequenos e maiores. Din os vendedores que os primeiros días de mercado houbo moito ambiente. Agora, logo dun pequeno baixón, a clientela volve ao mercado na procura dese detalle que aínda non mercou para a noite de Reis.

Este é o segundo ano no que este mercado de Nadal ten como escenario a Ferrería. Ademais, cunha posta en escena que cativa ao público e que satisfai aos responsables dos postos.

Así que xa saben, se aínda non pasaron por aquí, aproveiten a xornada de mañá, a derradeira na que estarán abertos estes postos que tanta vida deron este Nadal á Ferrería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí