DesTapa incorpora unha App para non perder as 20 propostas da ruta

     

     

     

    VILAGARCÍA> Vilagarcía repite por terceiro ano consecutivo a súa ruta de tapas Destapa con presentacións culinarias máis elaboradas, unha lixeira subida do prezo e a incorporación das novas tecnoloxías para que os participantes poidan degustar tódalas propostas sen perderse.

     

     

    Vinte establecementos de Vilagarcía ofrecerán a partir do venres outras tantas tapas coas que aspirarán a facerse co título de gañadores da terceira edición do DesTapa. Para iso deberán conquistar os padais dos consumidores que se acheguen a saborear as propostas deseñadas para a ocasión. Petiscos máis elaborados que anos anteriores, co que se xustifica a suba de prezo en 30 céntimos.

     

    Para poder participar no sorteo de estancias en hoteis, vales de compra en establecementos de zona aberta, ceas, estuches de conservas e viños ou dous bonos de pádel, os consumidores deberán completar a metade da ruta de degustación. É dicir, puntuar dez das vinte tapas. Para facilitar o percorrido e que ninguén se perda, este ano DesTapa incorpórase á aplicación de smartphones rutappa.

     

    Os que voten a través da App aspirarán a un premio distinto: dous circuítos spa con masaxe antiestrés en Arrullos del Agua. O prazo para participar, do próximo venres ó 28 de xuño, agás o día 23, noite de San Xoán, que se suspende por mor da celebración.

     

    A xornada inaugural, o venres pola noite, aínda que pola mañá organizarase un concurso de tiraxe de cervexa na praza de Galicia.

     

    INTRO TOTAL REUNIÓNS SOCIAS

     

    O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, confirmou que como prometera, unha das primeiras citas que realizaría como rexedor será reunirse cos sectores sociais do municipio. Así o fará en canto pasen estes primeiros días de toma de contacto. O mesmo realizará no tocante á revisión de normas polémicas como foron a instalación das terrazas.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/destapa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/DESTAPA.mp4{/flowplayer}