Buscan ó encarapuchado que lanzou unha cadela pola reixa do Refuxio

    CAMBADOS>O verán, as vacacións, son a época na que os refuxios de animais recollen máis mascotas abandonadas. Pero poucas veces se viron unhas imaxes tan cruentas que teñen incendiadas as redes sociais. En plena noite, oculto cunha carapucha e coa cabeza baixa. Así actuou este individuo o pasado xoves cando se achegou ó refuxio de Cambados para tirar polo enreixado a unha cadela embarazada. Guindouna dunha altura de tres metros. A protectora decidiu colgar as imaxes para solicitar a colaboración cidadá. Buscan ó responsable deste cruento abandono. Están convencidos de que actuou encuberto porque sabía que o recinto está vixiado con cámaras de seguridade, as que captaron estas imaxes que están a ver. Na protectora xa acolleron á cadela, á que bautizaron como Etnia, e que se recupera do incidente. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/etnia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/abandonorefuxio.mp4{/flowplayer}