SANXENXO> Sanxenxo xa ten asumido que esta non será unha Semana Santa normal para o concello. Bares e locais pechados e rúas e praias baleiras é a estampa que deixa o coronavirus na localidade. Segundo o alcalde, o cumprimento das medidas está a ser exemplar: dos 1600 controis realizados só se presentaron 12 denuncias.
Esta era a imaxe da praia de Silgar este mediodía. Nin sequera no inverno un dos areais máis concorridos da comarca do Salnés está tan baleiro. Moito menos en Semana Santa.
O golpe ao turismo desta crise provocada polo coronavirus vai deixar unha pegada importante nun municipio no que esta é a súa principal actividade económica. Por iso dende o concello xa puxeron en marcha varias medidas.
A pesares da situación, Martín asegura que en Sanxenxo se está a cumprir coas restricións do Estado de Alarma e a orde de confinamento da poboación.
Unha das iniciativas na que participou o concello e que tivo unha gran acollida entre a veciñanza foi a fabricación de máscaras de tea para repartir entre os fogares. Das 22.000 que se fixeron inicialmente, xa se entregaron todas, por iso o goberno local volveu mercar o material para facer outro lote e seguir cubrindo a demanda do municipio.