O Comité de Lantero prepara mobilizacións fóra da factoría

    VILAGARCIA> O Comité de Folga de Lantero prepárase para levar as súas accións reivindicativas máis aló do polígono Industrial do Pousadoiro. Xa teñen permiso para concentrarse o día 28 diante de Nestlé en Pontecesures. Amais o xoves haberá reunión entre o comité e a Dirección de Empresa en Santiago.

    Continúa a folga indefinida nas instalacións de Lantero. O fin de semana transcorreu tranquilo e sen incidentes, co que os reténs dos folguistas minguaron. Hoxe, de novo, montaban garda por quendas diante da factoría no Pousadoiro para controlar a entrada e saída de camións. Amais, hoxe aproveitaban as horas mortas para confeccionar as pancartas cas que comezarán un periplo de reivindicacións fora deste polígono industrial; especialmente nas empresas que seguen mercando cartón ondulado a Lantero. Finalmente a vindeira reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección terá lugar o xoves en Santiago. Antes diso, os folguistas seguen recibindo apoios de varios colectivos, especialmente da oposición de Vilagarcía. De feito, Esquerda Unida ven de presentar unha moción ó vindeiro pleno municipal no que se opón ó plan de reducción de emprego e soldos en Lantero e reclama que o convenio urbanístico sirva para manter a totalidade da plantilla. Pola súa banda, a dirección da empresa ven de emitir un novo comunicado no que anuncia unha denuncia contra o Presidente do Comité de Empresa, Jesús López, por facer pública información confidencial, sensible e estratéxica da compañía. Asegura tamén a dirección de Lantero que a dimisión da actual directiva non é negociable; co que non accederán a esta petición dos traballadores. Amais, Lantero denuncia que os traballadores non folguistas están a ser coaccionados e mesmo un ven de ser agredido directamente, él e a súa familia. Un punto que negan coñecer deste o Comité de Folga. Amais, A Dirección de Lantero asegura que esta folga indefinida lles fará perder cota de negocio e competitividade no mercado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/lantero3.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/eu_lantero.mp4{/flowplayer}