NOIA> O bipartito integrado polo PSOE e Noieses Independentes Agrupados procedeu ó reparto de concellerías. Os seis edís que conforman o goberno, encabezado polo socialista Miguel Paz, repartiranse dezasete áreas de traballo. Marisol Villar, Xosé Manuel Lage e José Pérez ocuparán as tres tenencias de alcaldía por ese orde. A xunta de goberno local respectará a paridade con dous edís do NOIA e outros dous PSOE. En canto ás concellerías, o alcalde asumirá directamente as responsabilidade en Urbanismo, Obras e Servizos e Policía Municipal. Marisol Villar repetirá como concelleira de Relacions Veciñas e Participación Cidadá asumindo ademais as competencias de Industria, Comercio, Turismo, Promoción Económica e Emprego. Xosé Manuel Lage, que exercerá como voceiro do executivo, encargarase das áreas de Economía, Facenda, Persoal, Cultura e Patrimonio e Relacións Institucionais. O outro edil do NOIA, Xosé Pérez, levará Medio Ambiente, Rural e Mariño, Parques e Xardíns, Festexos, Infraestruturas e Grandes Proxectos. Benestar Social e Igualdade, Educación, Sanidade e Consumo serán asumidas pola concelleira socialista, Sandra González, mentres que Agustín Mourís xestionará Deportes, Xuventude, Voluntariado, Seguridade Cidadá e Mobilidade. Trala constitución do goberno, os dous grupos que o integran iniciará unha rolda contactos coa oposición, especialmente co BNG e Marea Cidadá de Noia, na busca dun acordo programático. Con respecto ás dedicacións haberá que agardar ó pleno de organización que se celebrará antes do trece de xullo. A proposta inicia inclúe dúas dedicacións exclusivas, unha para cada un dos grupos que conforman o executivo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia