O BNG saca adiante a súa proposta de retribucións do goberno coa abstención do PP

[

PONTEVEDRA> O Pleno de Pontevedra aproba as retribucións e as dedicacións exclusivas para o novo mandato. O BNG conseguiu sacar adiante a súa proposta grazas á abstención do Partido Popular. Deste xeito, serán oito os nacionalistas liberados. O PP contará con dous, mentres que o Partido Socialista disporá de unha dedicación exclusiva.

 

Oito dedicacións exclusivas para o goberno e tres para a oposición: dous no caso dos populares e unha para os socialistas. Esta é a distribución que finalmente terán as liberacións na corporación de Pontevedra, que o BNG sacou adiante coa abstención do PP e a oposición das demais formacións.

Mosquera actuou de voceiro do goberno nesta sesión. Apuntou a que o custo de goberno redúcese nun 27%, mentres que o da oposición incrementouse en máis dun 280%.

Diferente é a visión da oposición. Para Ciudadanos, Marea e PSOE, os medios son insuficientes. Menos críticos foron os populares, que decidiron dar liberdade ao goberno.

O máis duro nas súas críticas foi o voceiro dos socialistas. Agustín Fernández criticou que o goberno se reserve a opción de outorgar ata catro liberacións máis.

Sobre outras cuestións, os plenos manteranse o terceiro luns de cada mes, a pesares da oposición de Marea, que tamén se opuxo á creación das comisións informativas ao ser rexeitada a súa proposta de constituír unha de Xustiza Social. Só se conseguiu a unanimidade no punto sobre a repartición dos postos nos órganos colexiados que dependen do concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/pleno_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/pleno_pontevedra.mp4{/flowplayer}