Ana Pontón sinala a Esdemga como un baluarte da cidade

Pontevedra> Ana Pontón visitou este venres a Escola de Deseño e Moda de Galicia, na facultade de Belas Artes de Pontevedra, dos que dixo que se tratan de dous baluartes da cidade pero tamén dous emblemas de Galicia. A líder nacionalista sinalou a creatividade e o talento como pezas de desenvolvemento económico do noso país.

Ana Pontón visitou esta mañá a Escola de Deseño e Moda de Galicia. Un espazo do que dixo que era unha aposta clara do Goberno Pontevedrés e tamén do BNG.

A líder nacionalista tamén destacou na súa intervención que esta escola estea dirixida por días mulleres a día de hoxe.

Finalmente, Ana Pontón trasladou todo o apoio do BNG para que os estudos que se imparten na Escola de Deseño e Moda de Galicia teñan o máximo recoñecemento desde o punto de vista oficial, un apoio que estendeu á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia que tamén se atopa neste edificio da Facultade de Belas Artes e que está pendente da súa adscrición á universidade.